google-site-verification=v5iY2Gdz-zxOgnVQjut3cRIcQjmYyl9pb-1ISc6yXoY

En marcha a segunda edición da Factoría de Innovación de Vigo

Esta edición, que se inaugurará o 18 de setembro, pretende dar continuidade ao éxito obtido na convocatoria anterior, na que participaron máis de 750 empresas e se impartiron 600 horas de consultoría, que permitiron que 30 compañías de diferentes sectores puidesen deseñar e poñer en marcha un proxecto innovador.

A Factoría de Innovación de Vigo poñerá en marcha un novo ‘Plan de Consultoría Individualizado’ que facilitará que 24 empresas do sur de Galicia incorporen a cultura innovadora nas súas organizacións e potencien o desenvolvemento de iniciativas de I+D+i.

A Escola de Organización Industrial, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade de Vigo, coa cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), acaban de poñer en marcha a segunda edición da Factoría de Innovación de Vigo, co obxectivo de continuar favorecendo o emprendemento e a implantación de iniciativas de I+D+i nas pemes do sur de Galicia, preferentemente.

Esta edición pretende dar continuidade ao éxito obtido na convocatoria anterior, na que participaron máis de 750 empresas e se impartieron 600 horas de consultoría, que permitiron que 30 compañías de diferentes sectores puidesen deseñar e poñer en marcha un proxecto innovador. Nesta nova etapa, a Factoría de Innovación de Vigo continuará fomentando o desenvolvemento das capacidades innovadoras das compañías e organizacións empresariais, facilitándolles a ejecución de novedosas iniciativas que contribúan a dinamizar a súa actividade empresarial e rendibilizar os seus produtos e procesos de xestión.

Desenvolvemento da cultura innovadora

Para acadar estas metas, a Factoría de Innovación de Vigo poñerá en marcha un ‘Plan de Consultoría Individualizado’, no que poderán participar un total de 24 pemes -preferentemente do sur de Galicia- que a través de sesións de traballo individuais, sesións grupales e seguimiento semanal remoto cun coach especializado en innovación, poderán identificar, definir e facer realidade unha idea innovadora, que poderán mellorar a súa posicionamiento no mercado e ser máis competitivas.

Así mesmo, entre os meses de outubro de 2014 e marzo de 2015, organizaranse un total de 14 actividades en aberto, que cunha tipoloxía moi variada -desde seminarios a showrooms de tendencias ou demolabs- analizarán os mecanismos que existen para conseguir que as compañías sexan verdadeiramente innovadoras e sostenibles.

As empresas interesadas deberán realizar a súa solicitude a través da web da Factoría de Innovación de Vigo, onde se habilitará un espazo específico para este fin.

Factoría de Innovación de Vigo

O Factoría de Innovación de Vigo é un centro de alto rendemento en creatividade aplicada á innovación, que se dedica ao desenvolvemento das capacidades innovadoras das empresas e organizacións empresariais, facilitándolles a posta en marcha de proxectos innovadores, contribuíndo a dinamizar a súa actividade empresarial e a mellorar os seus procesos de xestión.

Trátase da primeira factoría de innovación de Galicia e está promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI), o Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) e a Universidade de Vigo (UVIGO), e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

Leave a Comment!